Ante o violento desaloxo do Centro Social Okupado Autoxestionado “A Insumisa”, a CGT da Coruña quere manifestar o seguinte:
a) Declaramos que a chamada “Comandancia de Obras” é un espazo público abandonado durante anos e que foi recuperado polo CSOA “A Insumisa” para o desenvolvemento de actividades para o pobo, sen aproveitamento persoal e sen ánimo de lucro. Non é esta actuación unha usurpación, senón unha okupación lexítima ante a desidia das chamadas institucións.
b) Rexeitamos absolutamente os métodos violentos utilizados pola policía no desaloxo, que provocaron numeros@s ferid@s entre @s presentes nas concentracións de apoio e no propio desaloxo. Neste sentido, amosamos o nosa solidariedade co@s afectad@s.
c) Denunciamos a incapacidade do goberno municipal para atopar solucións pactadas alternativas á xestión institucional e o desaproveitamento dunha oportunidade única para que a xestión do que é de tod@s fose compartida por tod@s e non monopolizada polo poder político.
A Coruña, 29 de maio de 2018
O Comité Local da CGT da Coruña